O Monbus Obradoiro premia a fidelidade dos seus abonados con descontos por antigüidade e asistencia a todos os partidos

Se de algo está orgulloso o Monbus Obradoiro é da súa afección.

Por iso, na Campaña de Abonos #paseoquepase quere premiar a fidelidade dos seus.

En primeiro lugar, os abonados que asistisen a todos os partidos en casa durante a tempada 2018/19, obterán un 5% de desconto acumulable.

Por outra banda, aqueles que teñan cumpridas cinco tempadas (desde a tempada 2011/2012) como abonado (sen ter que ser consecutivas), poderán beneficiarse dun 5% de desconto a maiores.

Estes descontos aplicaranse directamente na renovación do abono en caso de cumprir os requisitos ao realizar a renovación do abono, tanto a través da páxina web do club como nas oficinas (de luns a venres, de 10 a 14 ou de 16 a 20 horas).

ARRIBA