Fletcher Magee: “Falei con Mike Muscala e díxome que o Obra era un sitio xenial no que estar”

Outra das novas incorporacións coa que gozarán os afeccionados obradoiristas é Fletcher Magee.

Este escolta de 22 anos procede da Universidade de Wofford e este verán, na Summer League de Las Vegas, coñeceu a Moncho Fernández e a Jose Luís Mateo. O xogador declarou que “a primeira impresión foi moi boa. Ensináronme vídeos de partidos e gustoume moito a forma en que xoga o equipo. Moncho ensinoume como xogan para os tiradores e mostroume as similitudes e diferenzas que haberá con respecto ao xogo da Universidade. Crin que sería unha gran oportunidade para min unirme a este grupo”. 

Fletcher destacou que “estou moi emocionado porque sei que a Liga Endesa é a mellor e que hai equipos moi competitivos” e definiuse como un xogador “traballador que se toma moi enserio traballar e gañar. Creo que o equipo me ensinará o estilo de xogo europeo e axudarame a entender como xogar como profesional e aprender as diferenzas entre o estilo de xogo americano e o europeo”.

O escolta americano buscou referencias nun ex obradoirista: “Falei con Mike Muscala e díxome que o Obra era un sitio xenial no que estar e que adora o equipo e a cidade. Ademais vin os vídeos máis destacados e comprobei como os afeccionados non deixan de animar en todo o partido. Parece que é unha cidade moi envorcada co baloncesto”.

Así, todos os afeccionados que queiran coñecer de primeira man a estrea de Fletcher Magee e a súa evolución na Liga Endesa xunto ao Monbus Obradoiro da tempada 2019/20 está a tempo de sumarse á familia obradoirista.

A Campaña de Abonos #paseoquepase continúa en marcha con numerosos descontos tanto por renovar como para novos abonados: un 10% por renovar ou un 5% se foron abonados nas tempadas anteriores á 2018/19. Traer amigos e realizar doazóns á Fundación Heracles tamén teñen beneficios no abono. Os interesados en renovar o seu abono ou sumarse á familia obradoirista por primeira vez poden consultar toda a información na páxina web do club (www.obradoirocab.com).

Todos os abonados recibirán de agasallo a nova bufanda obradoirista, da man de Cabreiroá e Estrella Galicia e, ademais, cada abonado disporá de dúas entradas de agasallo para un encontro para escoller (excepto os equipos que disputen Euroliga). 

ARRIBA