Álvaro Muñoz sométese a recoñecemento médico en HM Hospitales
- Categoría: NOVAS
- Published: Luns, 12 Agosto 2019 18:46
Inaugúrase unha semana cargada de ilusión para o obradoirismo dando o pistoletazo de saída a unha nova pretemporada.
E para comezar a semana, o Hospital HM Rosaleda, centro médico oficial do club, comezou a rolda de recoñecementos médicos dos xogadores do Monbus Obradoiro.
Esta mañá pasou polas instalacións de HM Hospitales unha das novas caras do equipo compostelán: Álvaro Muñoz. Ao xogador realizóuselle unha analítica completa, exploración física, electrocardiograma basal, ecocardiograma e a proba de esforzo.
Tamén se sumaron a estes recoñecementos Kostas Vasileiadis e Maxime de Zeeuw. Mañá será a quenda de que Earl Calloway e Chris Czerapowicz coñezan as instalacións de HM Hospitais e sométanse a estes recoñecementos.