Earl Calloway e Chris Czerapowicz sométense aos recoñecementos médicos en HM Hospitales

A semana continúa con ritmo para o Monbus Obradoiro.

Esta mañá foi a quenda de que Earl Calloway e Chris Czerapowicz coñecesen as instalacións de HM Hospitales para someterse aos recoñecementos médicos.

Así, os médicos do Hospital HM Rosaleda realizáronlle a cada xogador unha analítica completa, exploración física, electrocardiograma basal, ecocardiograma e a proba de esforzo.

Mañá será a quenda de Fletcher Magee, que chegou a Santiago de Compostela esta mesma tarde.

ARRIBA