O Monbus Obradoiro completa a primeira sesión de adestramento da tempada con alegría, ganas e ilusión

A plantilla do Monbus Obradoiro púxose o mono de traballo e presentouse ben puntual na pista do Multiusos Fontes do Sar para completar a primeira sesión de adestramento da tempada.

Moita alegría, ganas e ilusión é o que se percibiu ao longo da xornada de traballo, na que se alternou traballo físico, a cargo de Rubén Vieira, e de pista, ás ordes de Moncho Fernández, Gonzalo Rodríguez e Víctor Pérez.

O grupo completou esta primeira sesión coas ausencias de Vladimir Brodziansky, que está a cumprir cos seus compromisos coa Selección de Eslovaquia, e de Mike Daum e Dejan Kravic, que continúan tramitando os seus visados. Fletcher Magee xa chegou esta mesma tarde a Santiago de Compostela e unirase ao grupo en canto complete o recoñecemento médico. Para suplir estas ausencias, o grupo contou coa participación do novos do filial Brais Losada, Alfonso Ortiz, Víctor Villadoniga, Gerard Jofresa e Sigvaldi Eggertsson.

ARRIBA