Fletcher Magee sométese a recoñecemento médico en HM Hospitales

O obradoirista, Fletcher Magee, visitou esta mañá as instalacións do Hospital HM Rosaleda para someterse ao recoñecemento médico tras chegar onte a terras compostelás.

Ao xogador, do mesmo xeito que aos seus compañeiros, realizóuselle unha analítica completa, unha exploración física, un electrocardiograma basal, un ecocardiograma e unha proba de esforzo.

ARRIBA