Últimas horas para renovar os abonos antes de que os asentos sexan liberados

Comeza unha semana ilusionante na pretemporada na que os afeccionados do Monbus Obradoiro poderán ver xogar por primeira vez ao equipo no V Torneo Encestarías (venres 6 e sábado 7 en Vilagarcía de Arousa).

Ademais, tamén é unha semana importante na Campaña de Abonos xa que mañá será o último día dispoñible para que os abonados renoven o seu abono e manteñan o asento que xa tiñan a tempada pasada.

A partir do 3 de setembro, os asentos dos abonados que non renovasen serán liberados, quedando dispoñibles para aqueles que queiran cambiarse de asento ou para novos afeccionados que se somen á familia obradoirista.

A Campaña de Abonos #paseoquepase continúa en marcha con numerosos descontos tanto por renovar como para novos abonados: un 10% por renovar ou un 5% se foron abonados nas tempadas anteriores á 2018/19. Traer amigos e realizar doazóns á Fundación Heracles tamén teñen beneficios no abono. Os interesados en renovar o seu abono ou sumarse á familia obradoirista por primeira vez poden consultar toda a información na páxina web do club (www.obradoirocab.com).

ARRIBA