Últimas horas para que os abonados compren a entrada para o Torneo Xacobeo 2021 no asento do seu carné

O Monbus Obradoiro xogará por primeira vez esta tempada no Multiusos Fontes do Sar antes do inicio da Liga Endesa, recibindo ao Barça para disputar o I Torneo Xacobeo 2021 (sábado 14 de setembro – 18:30 horas).

Os abonados que queiran gozar deste partidazo poderán facerse cunha entrada a 3€ na mesma localidade do seu abono. Este domingo 8 de setembro liberaranse os asentos dos abonados que non comprasen a entrada para este torneo, quedando dispoñibles para a súa venda.

Ademais, os abonados poderán comprar entradas adicionais a 9€ en calquera asento libre (empregando o código promocional formado polo seu NIF seguido do seu número de abonado).

En canto ao público xeral, poderán facerse coas súas entradas a 19€ en calquera zona do pavillón, e os de tarifas Infantil e Xuvenil por 9€. A recadación será destinada integramente ás categorías inferiores.

ARRIBA