O xogador do Monbus Obradoiro, Earl Calloway, imaxe da Campaña de Abonos #ADNobra nos autobuses urbanos

Por moito que sexa xogador profesional desde hai varios anos, o obradoirista Earl Calloway non puido evitar poñer cara de sorpresa e diversión ao ver que a súa imaxe circula nos autobuses urbanos que van desde San Marcos, pasando por pleno centro de Santiago, e terminando en Os Tilos.

O base obradoirista resaltou que “no primeiro partido, no noso pavillón e ante a nosa afección, demostramos que podemos competir ata o final e é moito máis fácil co incrible apoio da bancada. Axúdanos moitísimo ver que todos os afeccionados empúxannos nos momentos de bajón e celebran cada canastra, cada rebote e cada roubo de balón”.

Sobre a Campaña de Abonos, Calloway confesou que “levo pouco tempo neste club, pero estou seguro de que no persoal temos moi claro que é o ADN Obra. E queremos que os nosos afeccionados tamén se somen aos nosos valores, que veñan vivir os partidos a Sar e gocen co equipo”.

Aqueles que non se queiran perder ningún partido desta tempada, continúa en marcha a Campaña #ADNobra para novos afeccionados con descontos. Se se foi abonado nas tempadas anteriores á 2018/19 (e desde a 2011/12), obterase un 5% de desconto. Realizar doazóns á Fundación Heracles tamén ten beneficios: por cada 150€ de doazón obterase 100€ de desconto directo no abono e 50€ en entradas para a nova tempada. Vir ao Obra en familia ten desconto. A familia comeza a contar a partir de dous membros. O primeiro pagará o total do abono e o segundo membro gozará dun 10% de desconto. Cuantos máis membros teña a familia, maior desconto aplicarase: O terceiro membro recibirá un 30%, o cuarto un 50%, o quinto un 70%, o sexto un 90%, e a partir do sétimo, o abono sairá gratis. Estes descontos aplicaranse segundo a idade (tarifa Infantil, Xuvenil ou Xeral) e o sector do pavillón no que se sitúe. Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste. Este desconto aplicarase entre irm@ns, matrimonios, e pais/nais e fill@s. Os irm@ns/fill@ s deben ser menores de 25 anos.

Nesta campaña mantense a tarifa a Prezo Reducido para os parados de máis de 6 meses, os estudantes menores de 25 anos ou federados de baloncesto. Para formalizar o seu abono deben presentar nas oficinas a documentación correspondente: a vida laboral actualizada (para os parados de máis de 6 meses), o carné de estudante, matrícula ou certificado de estudos (para os estudantes menores de 25 anos), e a licenza federativa ou unha copia da mesma (para federados do ámbito do baloncesto).

Todos os abonados recibirán de agasallo ao recoller o seu abono a nova bufanda obradoirista, da man de Cabreiroá e Estrella Galicia e, ademais, cada abonado dispoñerá de dúas entradas de agasallo para un partido para escoller (excepto os equipos que disputen Euroliga).

Os abonos poderán tramitarse a través da páxina web ou nas oficinas do club, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas.

ARRIBA