O Monbus Obradoiro – Kirolbet Baskonia será o Partido Patrocinado por Ulla Oil

Tras dúas xornadas consecutivas como visitantes, o Monbus Obradoiro regresará a Sar e xogará ante a súa afección para recibir ao Kirolbet Baskonia, nun partido que estará patrocinado por Ulla Oil (domingo 10, ás 12:30 horas).

O xerente da marca, Jesús García, confesou que “é un gusto e un pracer seguir colaborando coa nosa pequena achega a este club. Non o chamo ‘proxecto’ porque é unha realidade. E gustaríame aproveitar a ocasión para poñer en valor a situación. Ás veces é necesario tomar distancia para realmente saber que significan as cousas. Creo que ‘Obradoiro’ é algo do que realmente non somos moi conscientes. Ás veces, ao ter as cousas tan preto, non valoramos o que temos. É unha honra ser unha pequena parte deste ‘mundo’ do Obra. Grazas por confiar en nós”.

O director de Marketing e Comercial, Daniel Agra, detallou que “hoxe vos informamos da renovación do acordo con Ulla Oil. Dentro deste acordo, gustaríanos destacar en primeiro lugar a acción máis social. A tempada pasada, preto de 600 persoas de diferentes colectivos, puideron gozar do baloncesto de primeiro nivel grazas a Ulla Oil, desde a bancada que leva o patrocinio da súa marca. Ademais, continuarán dando nome a un dos eventos exclusivos para o Club de Empresas Obradoiro: a xornada Ulla Oil Empresa & Deporte. E, por último, o partido deste domingo, que nos enfronta ao Kirolbet Baskonia, será patrocinado por eles. Gustaríanos darlles as grazas pola súa confianza, por seguir colaborando co club e por apoiar non só ao primeiro equipo, senón tamén ás categorías base”.

ARRIBA