O Monbus Obradoiro – Coosur Real Betis, partido patrocinado por ABANCA

Os clientes de ABANCA poden retirar entradas a 9€ para o partido ante o Coosur Real Betis

O Monbus Obradoiro porá rumbo mañá a Valencia para disputar a décimo primeira xornada da Liga Endesa.

O equipo regresará a Santiago de Compostela e o domingo 8 de decembro, ás 12:30 horas, recibirá ao Coosur Real Betis, nun partido que estará patrocinado por ABANCA.

Produto deste acordo, todos os clientes desta entidade bancaria poderán retirar entradas en Tarifa Adulto a 9€ cada unha para Fondos e Tribuna 2 (ata fin de localidades dispoñibles á venda).

Para que a promoción sexa válida, os clientes terán que pagar cunha das súas tarxetas de crédito ou débito de ABANCA no momento da compra, xa sexa nas oficinas (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00), ou por internet. En caso de compralas a través da páxina web, o usuario debe introducir o código promocional ABANCAJ121920 antes de proceder ao pago.

ARRIBA