Últimas vinte prazas para o VII Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés

Comeza a conta atrás para gozar de cinco días de diversión e moito baloncesto no VII Campus Nadal Obradoiro – El Corte Inglés, que está a piques de alcanzar o número máximo de rexistrados dispoñibles, faltando menos de vinte prazas por cubrir.

O Campus, que se levará a cabo os días 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro, está dirixido para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. En canto aos horarios, abarcará de 09:30 a 13:30 horas (onde se adestrarán as habilidades e fundamentos do baloncesto) e de 16:00 a 19:00 horas (onde levará á práctica o adestrado polas mañás a través do xogo e distintas competicións).

O director do Campus, Camilo Riveiro, destacou que “o especial deste campus non só é todo o que aprenderán sobre baloncesto e sobre os valores do deporte en equipo. Os nenos e nenas coñecerán en primeira persoa aos xogadores do Monbus Obradoiro, xa que visitarán todos os pavillóns nos que estarán a adestrar, cos que poderán charlar e facer todas as preguntas que teñan. Ademais, vivirán xuntos un dos partidos do Nadal do Monbus Obradoiro, contra o Movistar Estudiantes, no que animarán ao equipo para que leve a vitoria”. 

Os interesados en asistir ao campus deben encher o formulario de inscrición (pulsa aquí para descarga) e realizar o abono da matrícula nas oficinas do club ou a través dunha transferencia bancaria (ES23 2080 0375 1930 4001 8467). Posteriormente débese entregar a ficha de inscrición e o xustificante bancario do ingreso nas oficinas do club ou envialo ao seguinte correo electrónico (campus@obradoirocab.com).

ARRIBA