O Monbus Obradoiro – Club Joventut Badalona disputarase a porta pechada

Tras a resolución do Goberno, atendendo ás medidas decretadas polo Ministerio de Sanidade para frear o avance do coronavirus, o Consello Superior de Deportes comunicou á ACB que as dúas próximas xornadas disputaranse a porta pechada.
Así, o Monbus Obradoiro – Club Joventut Badalona deste sábado, ás 20:30 horas, xogarase sen público, do mesmo xeito que o partido correspondente á xornada 25 na pista do Coosur Real Betis do próximo sábado 21, ás 18:00 horas (Movistar +).
 
O club ofrece aos afeccionados que comprasen entradas para este encontro a posibilidade de ser trocadas para outro partido ou solicitar a devolución do importe das mesmas. Esta acción poderase realizar nas propias oficinas do club (as que fosen vendidas presencialmente) ou a través do correo electrónico abonados@obradoirocab.com aquelas que fosen compradas por internet.
 
En relación aos abonados obradoiristas, en canto o club coñeza o alcance da medida e a cantos partidos afectará de aquí a final de tempada, comunicarase a solución adoptada.
 
O club lamenta as consecuencias que esta medida poida causar aos nosos afeccionados e agradecemos a compresión ante esta situación de forza maior. 
ARRIBA