Álvaro Muñoz pasou por quirófano para tratar as molestias no seu tendón de Aquiles

O xogador do Monbus Obradoiro, Álvaro Muñoz, pasou por quirófano para ser operado por un síndrome de Haglund, que afecta ao bo funcionamento do tendón de Aquiles. Tras sete semanas de confinamento, Álvaro notou de novo molestias no seu pé esquerdo despois de saír a correr. Lembramos que o aleiro obradoirista perdeuse varios encontros esta tempada por unha lesión na mesma zona.
 
O xogador, despois de ser valorado polo doutor Miguel Hermida, foi operado esta fin de semana no Hospital HM Rosaleda.
 
O período estimado de baixa é de oito semanas.
 
Continúa o traballo individualizado
 
A plantilla do Monbus Obradoiro continúa ás ordes do preparador físico, Rubén Vieira, que continúa actualizando os plans individualizados para cada que cada un dos xogadores poidan manterse en forma física.
 
Así, o club grazas a un acordo con AltaFit Gimnasios, facilitou aos xogadores unhas bicicletas estáticas para engadir sesións de cardio ao plan de exercicios de Rubén Vieira.
 
ARRIBA