Vladimir Brodziansky comunica ao Monbus Obradoiro a rescisión do seu contrato

Vladimir Brodziansky comunicou ao Monbus Obradoiro a execución da cláusula do seu contrato que lle permite rescindilo de maneira unilateral, abonando a preceptiva indemnización ao club. O ala-pívot de 2,10 metros e 26 anos deixará, por tanto, de pertencer á escuadra compostelá, tras dúas tempadas na Liga Endesa, na última das cales promediou 12.7 puntos (58.6% en tiros de dous, 46.5% en triplos e 81.7% en libres) e 4.0 rebotes en 22.7’ (23 partidos disputados).
 
O eslovaco recalou na entidade obradoirista directamente desde Texas Christian University ( NCAA), alcanzando neste período de tempo a internacionalidad coa súa Selección Nacional Absoluta.
 
O Monbus Obradoiro desexa moita sorte a Vlado na súa próxima etapa profesional e agradece o seu traballo e compromiso durante estas dúas tempadas.
 
ARRIBA