O Monbus Obradoiro ficha a Kassius Robertson

O Monbus Obradoiro e Kassius Robertson chegaron a un acordo para a súa contratación para a tempada 2020/21.

Este escolta canadense de 1,91 metros e 26 anos procede do Fortitudo Bolonia, co que promediou na pasada Lega 14.1 puntos (52.4% en tiros de dous, 41.4% en triplos e 76.3% en libres), 2.8 rebotes e 1.6 asistencias en 30.0 minutos.

Internacional Absoluto por Canadá, tamén pasou anteriormente polo Bayreuth alemán (2018/19) tras concluír a súa etapa universitaria en Canisius (2013-17) e Missouri (2017/18, Equipo Ideal da súa Conferencia).

“Kassius é un xogador rápido de pernas no que buscamos principalmente a súa capacidade de anotación, pois é capaz de finalizar con tiros de dous e de tres, tanto en situacións de ‘pick and roll’ como en saídas de bloqueos. Está a describir unha carreira europea ascendente e agora chégalle un novo banzo superior con este desafío na Liga Endesa”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

ARRIBA