O Monbus Obradoiro ficha a Laurynas Birutis

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Laurynas Birutis para a súa contratación para as dúas próximas tempadas.

Este pívot de 2,13 metros e 22 anos procede do Prienai CBet lituano, onde promediou –en calidade de cedido polo Zalgiris Kaunas- 15.2 puntos (62.6% en tiros de dous e 70.2% en libres) e 7.0 rebotes en 25.5 minutos, durante a pasada tempada. Internacional por Lituania.

Absoluto, U20 (prata no Europeo de Helsinqui’16), U18 (bronce no Europeo de Volos’15) e U16, a última foi a súa terceira campaña na primeira división do seu país, na que tamén defendeu as cores do citado Zalgiris Kaunas (2018/19, campión de Liga) e BC Siauliai (2017/18).

“Laurynas é un pívot grande e novo, cuxa intelixencia e capacidade de traballo permitíronlle ir dando pasos. Ten habilidades para resolver en situacións de bloqueo e continuación, e tamén é un bo pasador. A gran esixencia física da Liga Endesa será o seu gran desafío e o que, xunto á súa evolución, determine o seu impacto no equipo”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

ARRIBA