O Monbus Obradoiro ficha a Álex Suárez por unha tempada

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Álex Suárez para a súa contratación por unha tempada.

Este ala-pívot de 2,06 metros e 26 anos procede do Iberostar Tenerife, co que promediou 2.7 puntos (35.7% en tiros de dous, 31.0% en triplos e 66.7% en libres) e 1.4 rebotes en 11.3 minutos, na pasada edición da Liga Endesa.

Internacional U20 (bronce no Europeo de Tallin’2013), U18 (ouro no Europeo de Wroclaw’2011), U17 e U16 (ouro no Europeo de Kaunas’2009), formouse na canteira do Joventut Badalona, de onde tras chegar ao primeiro equipo pasaría ao Real Madrid, onde estivo tres tempadas (dúas delas en calidade de cedido en Bilbao e Zaragoza). Antes de chegar ao conxunto insular militou tamén no Benfica portugués.

“Alex vén de teórico quinto xogador interior, aínda que logo serán o adestrador e a pista os que rematen concretando os roles. Pola configuración do equipo, buscabamos as súas características de ala-pívot nacional con capacidade para abrir o campo. Vén con ganas de asentarse nun club e aquí vai dispoñer desa oportunidade”, afirma o director xeral da entidade, José Luis Mateo.

ARRIBA