O Monbus Obradoiro ficha a Jake Cohen

O Monbus Obradoiro e Jake Cohen chegaron a un acordo para a tempada 2020/21.

Este al-pívot de 2,08 metros e 29 anos procede do Maccabi Tel Aviv, co que ha promediado 10.3 puntos (57.2% en tiros de dous, 40.3 en triplos e 87.1% en libres) e 4.7 rebotes en 21.5 minutos na recentemente concluída Liga de Israel, da que se proclamou campión, e 5.4 puntos e 2.0 rebotes (12.8 minutos) na Euroliga.

De nacionalidade estadounidense e israelí e Internacional Absoluto polos segundos, a maior parte da súa carreira balizouse no conxunto macabeo, co que levantou as ligas de 2018, 2019 e 2020, e Copas domésticas de 2014, 2015 e 2018. Tamén pasou por Maccabi Rishon (2013/14), Aris Salónica (2015/16) e MaccabiAshdod (2016/17), unha vez rematada a súa etapa universaria en Davidson, onde coincidiría co tamén obradoirista Chris Czerapowicz.

“Jake é un xogador experto e intelixente que nos vai a achegar polivalencia no xogo interior, pois é capaz de moverse tanto de fronte como de costas a aro. Incorporámolo na súa etapa de plena madurez, procedente dun gran club e con moita ilusión por probarse na Liga Endesa nun rol principal”, afirma José Luis Mateo, director xeral do club.

ARRIBA