O Monbus Obradoiro presenta as camisetas de xogo para a tempada 2020/21, da man de GEFF, en Deportes Caneda

O Monbus Obradoiro presentou esta mañá en Deportes Caneda, tenda oficial do club, as camisetas de xogo que o equipo vestirá esta tempada tan especial para o obradoirismo, da man de GEFF.

O director xeral e deportivo do club, José Luis Mateo, explicou que “en canto ao deseño da primeira camiseta, usamos as cores do club (branco, azul e vermello), facendo unha chiscadela á liña de deseño da camiseta que levaba o equipo na década de 1970, coa palabra ‘Obradoiro’ no peito. Pola súa banda, a segunda, e seguindo na liña de lembrar esa camiseta dos 70, decidimos utilizar de base a cor azul mariño das letras dese primeiro equipamento, e acompañalo dunhas liñas no mesmo dourado do escudo do 50 aniversario”.

Mateo destacou que “este produto virá da man de GEFF, membro do Club de Empresas Obradoiro. O ano pasado, por estas datas, anunciabámosvos que GEFF era nosa nova marca de roupa deportiva. Esta empresa, radicada en Toledo, naceu en 2010 para cubrir a necesidade de que os equipamentos personalizados de clubs chegasen sempre a tempo, aspecto que é moi importante para nós. Como patrocinador técnico e encargados da confección de roupa deportiva do primeiro equipo, categorías inferiores e eventos do club, van ser parte fundamental para conseguir os obxectivos anteriormente explicados”.

A continuación, a responsable de Marketing e Desenvolvemento de Negocio de GEFF, Sofía Muller, ofreceu as súas primeiras impresións: “É a segunda tempada que colaboramos e nesta temos a honra de vivir o 50 aniversario e de poder preparar esta camiseta que rememora toda a historia e a tradición do club. Esperamos poder gozala pronto na pista con toda a paixón e o ambiente que esta afección se merece”.

O xogador obradoirista, Álvaro Muñoz, foi quen exerceu de modelo ante a prensa vestindo e mostrando a primeira e segundo equipamento. As camisetas de xogo terán un custo de 36€ para abonados e 40€ para o público xeral e estarán á venda para partir do 17 de agosto en Deportes Caneda, ademais de en a web (https://cutt.ly/bs0mwzV).

ARRIBA