Kartal Ozmizrak sofre unha escordadura con rotura de ligamentos no nocello dereito

O xogador do Monbus Obradoiro, Kartal Ozmizrak, sofre unha escordadura con rotura de ligamentos no nocello dereito, segundo determinaron as probas médicas realizadas no Hospital HM Rosaleda.

O base obradoirista, que se torceu o nocello dereito no amigable disputado o pasado venres ante Delteco GBC, atópase baixo tratamento de fisioterapia e o tempo estimado de recuperación é de, polo menos, un mes.

ARRIBA