Moncho Fernández: “O Hereda San Pablo Burgos é un equipazo, con maiúsculas, en todo”

O Monbus Obradoiro continúa traballando duro para preparar o seu próximo partido da Liga Endesa, no que recibirá ao Hereda San Pablo Burgos e que terá lugar este sábado, ás 20:45 horas, no Multiusos Fontes do Sar (Movistar Deportes – Dial 53).

O adestrador obradoirista, Moncho Fernández, explicou sobre o seu rival que “agora mesmo son o mellor ataque da Liga. Dino os números. Son o equipo que mellor tira de campo. E o son porque teñen moi bos xogadores, con moita calidade e moi expertos a gran maioría, desde Renfroe, Cook, Benite, McFadden, Rabaseda, Kravic, Horton… Pero ademais de ser moi bos individualmente, son moi bos colectivamente en dous aspectos: en primeiro lugar, en que se pasan o balón moitísimo, e en segundo lugar no aspecto defensivo, porque mostran a mesma solidariedade. Agora mesmo é un dos equipos top da Liga. Non se é campión da Basketball Champions League por casualidade. Son un equipazo, con maiúsculas, en todo. Destacaría o colectivo. Individualmente son moi bos, pero neste caso, o todo é máis que a suma das partes. Por iso están a facer o que están a facer”.

O técnico galego detallou que pedirá ao seu equipo que “afrontemos o partido como o que é: xogar un partido #ante un grande da liga agora mesmo, por clasificación e por xogo. Temos que facer moitas cousas ben no aspecto defensivo e aínda así recibiremos canastras que espero que non nos pasen factura psicolóxica porque teñen esa capacidade de anotar as que están sós e as que non. E que, ofensivamente, sexamos capaces de ter a paciencia e a tranquilidade necesaria porque Burgos é un equipo que non só é buenísimo diante, senón que tamén o é detrás. Imos ter que facer un partido perfecto para poder gañarlles”.

Parte Médico HM Hospitales: Laurynas Birutis, de baixa por unha escordadura de nocello, será dúbida ata o último momento. Mike Daum continúa de baixa ao sufrir unha escordadura con rotura parcial de ligamentos no nocello dereito. Kartal Ozmizrak segue sendo baixa.

ARRIBA