Rafa García foi operado pola rotura do seu maimiño e anular dereitos e Álvaro Muñoz sofre escordadura no seu nocello dereito
- Categoría: NOVAS
- Published: Martes, 29 Decembro 2020 11:24
Os xogadores do Monbus Obradoiro, Rafael García e Álvaro Muñoz, sofren dúas lesións tras o partido da fin de semana.
As probas médicas realizadas no Hospital HM Rosaleda a Rafa confirmaron que sufría unha dobre fractura nos dedos maimiño e anular da súa man dereita.
O xogador foi operado onte pola noite polos doutores Miguel Hermida e Sergio Pombo e causará baixa para o seguintes oito semanas. O base obradoirista lesionouse na primeira xogada do partido, aínda que continuou disputando o resto do encontro.
En canto a Álvaro Muñoz, o xogador torceu o nocello dereito durante o partido do domingo e as probas médicas indican que o aleiro sofre unha escordadura de nocello con edema articular. O período estimado de baixa dependerá da súa evolución.