O Monbus Obradoiro detecta un positivo por COVID-19 no plantel

O Monbus Obradoiro detectou no seu primeiro equipo un positivo por COVID-19, tras unha dobre proba de antíxenos. O membro do equipo atópase illado no seu domicilio. O resultado do preceptivo test PCR de respaldo confirmou esta mesma tarde o diagnóstico.
 
Tras coñecerse o caso, o club seguiu as indicacións establecidas no protocolo aprobado pola ACB e o Consello Superior de Deportes.
 
Desta maneira, o resto de compoñentes do plantel someteuse a un test PCR esta mesma tarde e permanecen todos nos seus respectivos domicilios.
 
Os adestramentos renovaranse dependendo dos resultados obtidos nestas probas, tal e como indica o protocolo da ACB.
ARRIBA