Aparecen cinco novos positivos por COVID-19 no persoal de Monbus Obradoiro

Tras confirmarse onte un positivo por COVID-19 no persoal e realizar un novo test PCR ao resto de compoñentes do cadro de persoal, o Monbus Obradoiro detectou cinco novos positivos no grupo.

Unha vez coñecidos os resultados, tal e como dita o protocolo aprobado pola ACB e o Consello Superior de Deportes, tanto os afectados como o resto do persoal permanecen illados nos seus domicilios e comunicouse de inmediato á Liga, así como ás autoridades sanitarias competentes.

Á espera dos próximos pasos a seguir, o club quere agradecer as diferentes mostras de ánimo recibidas.

ARRIBA