Albert Oliver foi elixido Xogador Estrella Galicia de Xaneiro

O xogador do Monbus Obradoiro Albert Oliver recibiu o trofeo ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro do Monbus Obradoiro, cuarto premio que entrega a empresa cervexeira esta tempada.

A afección obradoirista, do mesmo xeito que en tempadas anteriores, é a encargada de votar ao seu candidato favorito a través das redes sociais. Así, o 65 % dos afeccionados votaron a Albert, o 30 % fíxoo por Mike Daum e o 5 % restante por Jake Cohen.

O base obradoirista mostrouse moi agradecido no acto de entrega e confesou que “estou moi contento por recibilo. En xaneiro só xogamos un partido e agradezo este premio. Pero, sobre todo, estou contento porque gañamos. Fixemos un gran partido despois de todo o que pasaramos as semanas anteriores polo COVID”.

O xogador detalla que lembrará este premio “porque foi o mes en que superamos o COVID-19 e foi duro para o equipo. Virame á mente que despois de tres semanas encerrados na casa, volvemos, adestramos como puidemos, fixemos un gran partido e gañamos. Agradécese que a xente recoñeza o teu traballo, pero este premio tamén o podía levar tanto Mike como Jake, porque tamén fixeron un gran partido”.

O equipo afronta agora o parón pola Copa do Rei e as Ventanas FIBA e Albert explicou que “viranos ben. Poderemos adestrar e ir recuperándonos. Os que están mellor, seguirán traballando e mellorando. Os que están peor, poderán recuperarse e mellorar fisicamente. Imos aproveitar para, en primeiro lugar, poñernos mellor fisicamente e, en segundo, para seguir traballando como equipo porque, tras o parón, espéranos un calendario esixente e comezará con tres partidos nunha semana na casa recibindo a Lenovo Tenerife, Movistar Estudiantes e TD Systems Baskonia”.

ARRIBA