O Monbus Obradoiro ficha a Braydon Hobbs

O Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Braydon Hobbs para as próximas dúas tempadas.

Este base de 1,96 metros e 32 anos procede do Oldenburg alemán, onde promediou 7.7 puntos (52.4% en tiros de dous, 43.4% en triplos e 80.0% en libres), 4.2 asistencias e 1.3 recuperacións en 17.8 minutos (38 partidos).

O estadounidense xogou o últimas sete tempadas en Alemaña, onde tivo a ocasión de disputar tanto a Euroliga como a Eurocup, en cinco equipos diferentes: Nurenberg, Giessen 46 ers, Ratiopharm Ulm, FC Bayern Munich (campión de Liga e Copa en 2018 e de Liga en 2019) e o citado Oldenburg.

"Con Braydon incorporamos a un xogador experto que destaca principalmente pola súa capacidade de pase. É un base grande, con ameaza de tiro e que pode compartir cancha con outro director de xogo. Vén con boas referencias tras unha importante carreira en Alemaña, e debe ser un xogador importante na dirección e liderado do equipo sobre a cancha", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

ARRIBA