Kassius Robertson continuará vestindo a camiseta do Monbus Obradoiro na tempada 2021/22

Kassius Robertson seguirá defendendo as cores da camiseta obradoirista na tempada 2021/22.

Este escolta de 1,90 metros e 27 anos chegou ao equipo compostelán o pasado verán e promediou 15.2 puntos (41.2 % en tiros de dous, 41.6 % en triplos e 73.3 % en tiros libres) e 2.7 asistencias en 27 minutos.

O xogador obradoirista confesou estar “moi feliz e emocionado por poder volver xogar por segundo ano no Monbus Obradoiro. A tempada pasada foi moi dura e fíxose máis difícil sen sentir o apoio da afección desde a bancada”.

Robertson asegura que “temos pendente poder vivir cada partido cos afeccionados, vibrar con eles e dedicarlles o maior número de vitorias posible. Teño moitas ganas de volver e velos alí. Sei que estarán todos en Sar porque o seu apoio é de tolos, e encántame que sexan así. Morro de ganas de ver a todos. Agora toca seguir coidándonos moito para vernos á volta”.

ARRIBA