Como descargar o teu abono virtual?

Como descargarse o abono virtual no móbil

 

1. Descarga e instala no teu teléfono unha aplicación para gardar nela o teu abono de forma dixital (Passbook).

 - Se tes un dispositivo Apple, descarga a aplicación ‘Apple Wallet’: (https://apps.apple.com/es/app/apple-wallet/id1160481993).

 - Se tes un dispositivo Android, descarga ‘Passwallet’: (https://play.google.com/store/apps/details?id=com.attidomobile.passwallet&hl=es&gl=US).

 

2. Entra na web do Monbus Obradoiro a través do seguinte enlace e introduce o teu usuario e contrasinal: https://venta-obradoiro.t2v.com/es/autenticacion/identificar

 

*Se es abonado e aínda no entraches nunca e non tes usuario nin clave, podes conseguilo no seguinte enlace introducindo o teu número de abonado e o correo electrónico rexistrado ao realizar o abono: https://venta-obradoiro.t2v.com/es/autenticacion/identificar-socio.

 

3. Unha vez dentro da zona persoal, poderás ver na pantalla principal a información do teu abono. Tan só tes que pinchar no botón ‘Passbook’ para descargar o archivo e gardalo na aplicación correspondente.

 

Para facilitar este trámite, o club enviará o Passbook por correo electrónico a cada abonado, que terá que abrir no seu móbil cunha das aplicacións anteriormente mencionadas. Cada Passbook enviarase á dirección de correo electrónico coa que se rexistrase o abonado á hora de formalizar o abono.

Aqueles abonados que teñan algunha dificultade para descargarlo, poderán acudir ás oficinas e indicaráselles como realizar o trámite ou resolverase calquera incidencia. No caso de non poder acercarse ás oficinas durante a semana, o día de partido haberá un punto habilitado na Porta de Invitacións no que se lles imprimirá a entrada do seu abono.

O carné físico entregarase cando finalicen as restriccións. A partir dese momento, os abonados poderán acceder ao pavillón co carné físico ou o carné virtual indistintamente, escollendo o método que prefiran.

ARRIBA