Detectado un novo positivo por COVID-19 na plantilla do Monbus Obradoiro

Tras as probas PCR realizadas á plantilla, o Monbus Obradoiro detectou un novo positivo por COVID-19 no equipo.

O xogador atópase con síntomas, illado no seu domicilio seguindo o protocolo sanitario. Unha vez confirmado este positivo, tal e como marca o protocolo, foi comunicado ás autoridades sanitarias e á acb.

O resto do persoal deu negativo, polo que continúa coa actividade deportiva.

Nos próximos días o equipo volverá someter a novas probas.

ARRIBA