Detectados dous novos positivos en COVID-19 no Monbus Obradoiro

A acb comunicou o aprazamento do Monbus Obradoiro – Río Breogán
Despois das últimas probas PCR realizadas ao persoal, o Monbus Obradoiro detectou dous novos casos positivos.
 
Os dous xogadores permanecen illados nos seus domicilios seguindo o protocolo sanitario e os resultados foron notificados á liga acb.
 
Así, a acb comunicou o aprazamento do partido correspondente á xornada 16, programado para este luns 3 de xaneiro, entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán. A acb comunicará proximamente a nova data para a disputa do partido.
ARRIBA