Braydon Hobbs non continuará no Monbus Obradoiro a próxima tempada

O base Braydon Hobbs non continuará no Monbus Obradoiro a próxima tempada.

O xogador promediou esta campaña 7.2 puntos, 3.1 rebotes e 4.4 asistencias en 32 partidos disputados.

O club quere agradecer o traballo e compromiso de Braydon e deséxalle moita sorte no seu futuro profesional e persoal.

ARRIBA