O base do Rio Natura Monbus Obradoiro espera sentir a calor da Caldeira de Sar este sábado, cando tamén se celebrará a acción "Operación Quilo" O Rio Natura Monbus Obradoiro empeza a semana de preparación do partido ante o FIATC Joventut (sábado, 20.00 horas), encontro no que Sar se encherá tamén de solidariedade grazas á "Operación Quilo" organizada polas peñas do club. Coa visita dun dos equipos revelación da tempada e que vén de ter unha grande actuación na Copa do Rei, os xogadores queren "ter todo o apoio posible dos nosos", como afirma Fran Cárdenas. "Volvemos con enerxías renovadas tras esta semana máis descansada, e esperamos que os nosos afeccionados tamén volvan con moitas ganas de ver bo baloncesto en Sar e de ser parte del", declarou o onubense.

"Operación Quilo" das peñas obradoiristas ante o FIATC Joventut

As peñas do Rio Natura Monbus Obradoiro poñen en marcha un ano máis a recollida de alimentos solidaria "Operación Quilo". A acción levarase a cabo o próximo sábado 28 durante o partido ante o FIATC Joventut (20.00 horas), aínda que tamén durante a semana nas oficinas do club e con promoción de entradas para quen colabore. All Sar, Eskornabois, Obracadabra e Zona Norte son as catro agrupacións que nesta ocasión recollerán alimentos non perecedoiros que doarán logo á Cruz Vermella para a súa repartición. Por iso, anímase aos afeccionados que acudan ao encontro a levar un ou varios paquetes de alimentos deste tipo, que se recollerán no vestíbulo de entrada principal. A Cruz Vermella prioriza nesta ocasión a recollida de aceite, leite, cacao en po ou conservas, ao seren os produtos dos que menos existencias ten neste momento.

O Rio Natura Monbus Obradoiro visitou hoxe a central térmica deEndesa nas pontes de García Rodríguez, onde foi recibido por Miguel Temboury, director xeral de Endesa Noroeste.

Os membros do club, comandados polo seu director xeral José Luis Mateo, foron recibidos tamén polo director da central, Miguel Ángel Asún, con quen charlaron animadamente sobre a actualidade da liga ACB, da cal Endesa é patrocinador principal e dá nome. Temboury sinalou que en Endesa se senten "moi identificados co Rio Natura Monbus Obradoiro porque temos que conseguir a permanencia cada ano nun mundo moi competitivo".

O Rio Natura Monbus Obradoiro visitará mañá mércores a central térmica de Endesa, patrocinador principal da ACB, situada en As Pontes de García Rodríguez.

A plantilla poderá coñecer de primeira man as diferentes partes da planta creadora de enerxía eléctrica: salas de control, turbinas, ou torres de refrixeración, todo iso guiada por traballadores das instalacións que lles explicarán de primeira man todo o proceso de traballo, dende a propia recollida de carbón.

Ao acabar o  percorrido, xogadores e corpo técnico reuniranse no Pavillón Municipal de Deportes cos escolares da zona, onde asinarán autógrafos e darán outras moitas sorpresas. Ademais, os nenos do C.B. As Pontes aproveitarán para coñecer en persoa aos seus ídolos, aos que verán en acción no Fontes do Sar frente ao FIATC Joventut o vindeiro sábado 28 de febreiro (20.00 horas).

ARRIBA