O Rio Natura Monbus Obradoiro visitou hoxe a central térmica deEndesa nas pontes de García Rodríguez, onde foi recibido por Miguel Temboury, director xeral de Endesa Noroeste.

Os membros do club, comandados polo seu director xeral José Luis Mateo, foron recibidos tamén polo director da central, Miguel Ángel Asún, con quen charlaron animadamente sobre a actualidade da liga ACB, da cal Endesa é patrocinador principal e dá nome. Temboury sinalou que en Endesa se senten "moi identificados co Rio Natura Monbus Obradoiro porque temos que conseguir a permanencia cada ano nun mundo moi competitivo".

O Rio Natura Monbus Obradoiro visitará mañá mércores a central térmica de Endesa, patrocinador principal da ACB, situada en As Pontes de García Rodríguez.

A plantilla poderá coñecer de primeira man as diferentes partes da planta creadora de enerxía eléctrica: salas de control, turbinas, ou torres de refrixeración, todo iso guiada por traballadores das instalacións que lles explicarán de primeira man todo o proceso de traballo, dende a propia recollida de carbón.

Ao acabar o  percorrido, xogadores e corpo técnico reuniranse no Pavillón Municipal de Deportes cos escolares da zona, onde asinarán autógrafos e darán outras moitas sorpresas. Ademais, os nenos do C.B. As Pontes aproveitarán para coñecer en persoa aos seus ídolos, aos que verán en acción no Fontes do Sar frente ao FIATC Joventut o vindeiro sábado 28 de febreiro (20.00 horas).

O Iberostar Tenerife continúa a súa liña ascendente. Os insulares sumaron a décima vitoria da tempada despois de impoñerse ao Rio Natura Monbus Obradoiro (77-53). Os locais xogaron moi ben, dominaron de principio a fin, e voaron grazas ao acerto dos seus tiradores dende a longa distancia..

O Centro de Formación Aeronáutica Air-Hostess, membro do Club de Empresas Obradoiro, recibiu hoxe na súa academia santiaguesa a Daniel Miller, Haris Giannopoulos e Keaton Nankivil, xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro.

Os xogadores, de nacionalidades estadounidense e grega, charlaron animadamente coas alumnas en inglés, como parte da formación destas, que pasa por dominar o idioma á perfección antes de saír ao mercado laboral aeronáutico. Ademais, ambas as dúas partes aproveitaron para coñecer mellor o traballo da contraria preguntando todas as curiosidades que durante a conversación ían xurdindo.

Air-Hostess Santiago é, mediante o convenio existente co club, a firma encargada dos servizos complementarios de protocolo durante os partidos do Rio Natura Monbus Obradoiro no Fontes do Sar. Antes de concluír a actividade, a responsable do centro, María Arca, agradeceu aos rapaces a súa presenza e predixo seguir con esta actividade en conxunto co club moitos anos máis.

ARRIBA