O Obradoiro Ames brilla na súa visita ao Estudiantes de Lugo Río de Galicia
O Obradoiro Ames conseguiu unha contundente vitoria na súa visita ao Pazo dos Deportes da cidade de Lugo, nun gran partido que dominou de principio a fin ao seu rival, cun resultado final de 63 a 88.
Con unha maior rotación e máis intensidade ca o seu rival, sumado á anotación exterior de Juan Bocca, que anotou 9 puntos desde o perímetro no primeiro cuarto e finalizou con 25 puntos, o Obradoiro abriu unha fenda de 10 puntos ao descanso (32-42).
O filial obradoirista non cesou no seu xogo dinámico e intenso, que lle levou a recuperar veintitrés balóns durante o encontro, e a seguir ampliando a vantaxe ata os 25 puntos que marcou o marcador ao final do partido (63-88), destacando as rotacións e a boa dinámica do equipo.
Parciais: 18/24-14/18-15/23-16/23.
Obradoiro Ames: Souto (14), Maseda (12), Bocca (25), González (2) e Fraga (2) -quinteto inicial-: Grela (11), Soneira (0), Harguindey (5), Pamuk (2), Sánchez (10) e Cambón (5).
O USC Obradoiro non consegue a vitoria na súa visita ao Costa Artabra en Ferrol
O partido estivo moi igualado de principio a fin, no que os locais intentaban sacar vantaxes con rápidas transicions, mentres o USC Obradoiro respondía con acerto desde a liña de 3. Este acerto levou ao equipo visitante a unha vantaxe de 2 puntos a mediados do terceiro cuarto, que foi rapidamente contrarrestada polos locais que castigaron dentro da pintura, e leváronse a vitoria polo seu maior acerto final (69-65).
O Obradoiro Peleteiro continúa coa súa imbatibilidade, tras vencer na novena xornada ao Fedesa Rosalía
O maior acerto exterior e o esforzo defensivo concederon aos visitantes unha rápida vantaxe no primeiro cuarto, que foi aumentando paulatinamente grazas ao seu control do rebote defensivo e o bo traballo dos de Obradoiro Peleteiro, para impedir canastas en contraataque dos locais e manter o control do partido en todo momento (44-78).
O Indupanel Obradoiro Ames cae na súa visita ao Sigaltec de Vilagarcía, pero gaña ao basket average, de cara á definición dos postos de descenso
Tras un inicio dubidoso de partido, o Obradoiro ía con vantaxe de 3 puntos ao final do primeiro cuarto. No segundo cuarto, os obradoiristas non conseguían anotar con facilidade, mentres Sigaltec mantía o seu acerto, o que fixo que o encontro se fose ao descanso con 4 puntos de vantaxe para os locais no marcador.
A segunda metade do encontro estivo marcada polo pouco acerto e os erros, que fixeron que o marcador se movese en vantaxes de 4 a 9 puntos para o Sigaltec, que soubo manter o control destas vantaxes para levarse o partido (63-54).
O Balidea Obradoiro consegue a vitoria na súa visita ao Basket Coruña nun partido trabado e moi disputado, mantendo o invicto na liga tras 7 xornadas disputadas
Os primeiros minutos do partido mostraron un xogo rápido e alegre de ambos equipos, que anotaban nos primeiros segundos de posesión. Basket Coruña castigaba co seu dominio do rebote e a presión a toda pista. O Balidea Obradoiro tivo bos tiros nos primeiros segundos e a través de vantaxes no un contra un.
Na segunda parte, ambos equipos subiron o nivel defensivo e físico a media pista e o dominio dos rebotes foi a clave para que os obradoiristas se levaran a vitoria (59-68).
O Oca Hotels Obradoiro Vedra non consegue a vitoria contra o Traumacor Culleredo a pesar de competir de gran maneira durante todo o encontro
Un gran partido disputado polo equipo cadete do Obradoiro, que competiu moi ben na primeira parte, e tras uns erros ao final do segundo cuarto, cando parecía que Culleredo podía tomar o control do encontro, no terceiro cuarto o equipo local soubo recompoñerse e voltar ao partido, colocándose a 2 puntos de diferenza, e finalmente, 2 accións de acerto do equipo visitante decidiron o encontro a seu favor (71-81).