Loading...

O Obradoiro Ames loita ata o final, pero perde en Salamanca

OBRADOIRO C.A.B.
16 de diciembre de 2024

O Obradoiro Ames perdeu ante o terceiro clasificado, o Perfumerías Avenida Xoborg, por 92-78 nun encontro no que resistiu ata o último período. O equipo dirixido por Martín Guerreiro levou ao límite ao seu rival, que decidiu o partido no último cuarto.


O filial compostelán tivo un bo inicio, xa que conseguiu coller unha pequena vantaxe que soubo manter ao longo do primeiro acto. Porén, durante o segundo cuarto, o encontro nivelouse e chegou ao descanso cunha lixeira vantaxe para os locais (41-36).


O desenvolvemento foi semellante no terceiro cuarto, no que o Obradoiro Ames compensou cun bo traballo defensivo a falta de acerto ofensivo. Pero, no terceiro cuarto, o partido comezou a decantarse a favor dos locais, que chegaron a ter unha vantaxe de 10 puntos (51-41). O bo traballo defensivo e ofensivo do Obradoiro reduciu a diferenza a só 3 puntos (63-60) a falta de 2 minutos para o final do terceiro cuarto. O inicio do último período foi un calco do terceiro, co Perfumerías chegando aos 10 puntos de vantaxe, pero desta vez mantendo a diferenza ata o final.


Obradoiro Ames: Souto, M. (9); Bocca, J.(15); Gonzalez, G.(14); Maseda, D.(18); Fraga, B.(0); -quinteto inicial-. Soneira, Á.(3); Grela, A.(5); Harguindey, P.(12); Sánchez, E.(2); Pamuk, H.(2).

0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
O Monbus Obradoiro non consegue imporse ao Súper Agropal Palencia
hace 3 días
O Monbus Obradoiro viaxa a Palencia para seguir loitando polos playoffs
hace 5 días
30
Búscate nas bancadas da Caldeira no Monbus Obradoiro - Súper Agropal Palencia!
hace 6 días
Obradoiristas en xira: Viaxe a Palencia
hace 8 días