Loading...

Cómo adquirir o teu pack de entradas para os playoffs se eras abonado?

OBRADOIRO C.A.B.
9 de maio de 2025

Se es abonado e xa decidiches adquirir o teu pack de entradas para os playoffs, explícanos como compralo paso a paso:


1.º paso:

Accede á web oficial do Obradoiro CAB e entra na Área Abonados.


2.º paso:

Introduce as túas credenciais para acceder.


3.º paso:

Unha vez dentro, fai clic na parte superior esquerda da pantalla, onde aparece o teu nome de usuario. A continuación, selecciona a opción Mis pedidos.


4.º paso:

Busca a fila onde pon Abono playoffs (normalmente aparecerá na parte superior) e pulsa en Pagar no extremo dereito.


Despois de realizar a compra, xa sexa do pack ou de entradas soltas, cada persoa recibirá un correo electrónico coas entradas correspondentes. O acceso ao Multiusos Fontes do Sar realizarase exclusivamente coas entradas enviadas por correo electrónico, e non será válido o abono habitual da tempada.


Os abonados durante a liga regular terán a súa localidade reservada ata o mércores 14 de maio ás 12:00 horas. A partir dese momento, os asentos non renovados liberaranse para o público xeral.


Listo! Agora só che queda preparar a túa camiseta e a túa bufanda para gozar e animar ao teu equipo nestes importantes partidos de playoffs.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
O final do camiño
hai un día
O Monbus Obradoiro consegue o factor pista sobre a bucina
hai un día
Última bala para asegurar o factor cancha
hai 4 días
O Monbus Obradoiro fletará autobuses gratuítos para a visita ao Tizona Burgos
hai 5 días