Partido de alta esixencia o vivido na tarde do martes entre o Monbus Obradoiro e o HLA Alacante, probablemente dous dos equipos máis en forma neste treito da tempada. Os composteláns buscaban a vitoria para achegarse ao obxectivo de conseguir o factor pista, mentres que os valenciáns chegaban coa intención de afastarse dos postos de descenso e colarse nos playoffs.
Co Sar en pé, Lucas Faggiano abriu o marcador anotando desde a zona e tamén desde o perímetro, asinando un parcial de 5-0 nos dous primeiros minutos de xogo. Pouco despois, cun triplo, J. King anotou os primeiros puntos visitantes (5-3). No ecuador do primeiro cuarto, o HLA Alacante logrou empatar o encontro e, na seguinte posesión, púxose por diante (6-8).
Pero a alegría duroulle pouco aos visitantes, xa que Faggiano volveu aparecer cun triplo para devolver a vantaxe ao Monbus Obradoiro (9-8). O festival de triplos continuou con Mwema, Nacho Varela e Kacinas, que engrosaron as contas dos seus respectivos equipos (14-14).
Aínda que nos instantes finais do cuarto o HLA Alacante conseguiu poñerse un punto por diante, un bo Alex Galán sumou desde o perímetro para pechar o cuarto cun resultado favorable aos locais (21-19).
Micovic comezou con forza o segundo cuarto, anotando dúas canastras que ampliaron a diferenza a +6 para os composteláns. A alegría seguía na pista do Sar, con Alex Barcello anotando os seus primeiros puntos e dándolle aire aos de Félix Alonso (28-19). O HLA Alacante aínda non conseguira anotar, e a eficacia dos locais permitiulles acadar unha vantaxe de +14 (33-19).
En pouco máis de catro minutos, o Monbus Obradoiro asinou un parcial de 20-4, que lle daba moita tranquilidade ao banco local. O segundo cuarto concluíu coa mesma dinámica que o dominara de principio a fin, e os equipos marcharon aos vestiarios cun claro 49-30.
O terceiro cuarto comezou con tres tiros libres de Brad Davison e unha penetración de Oliver, que ampliaron a vantaxe a +24 (54-30). Aos tres minutos de xogo, os visitantes aínda non anotaran, e o Monbus Obradoiro aproveitaba para seguir coa súa xeira imparable (57-30).
O partido semellaba sentenciado cando o árbitro sinalou o final do terceiro cuarto, con só dez minutos por disputarse. Os composteláns pecharon un parcial de 21-13, deixando o marcador en +27 (70-43).
Nun último cuarto sen moito en xogo, o Monbus Obradoiro soubo xestionar ben a vantaxe acadada ao longo do encontro, malia que os alacantinos apertaron nos minutos finais e conseguiron xerar certa tensión no ambiente.
Un mal último cuarto non impediu que os composteláns mantivesen o control. Así e todo, acadaron a súa décima vitoria consecutiva, impoñéndose por 82-70.
Ficha técnica
82 – Monbus Obradoiro: Rati Andronikashvili (0), Brad Davison (6), Álex Galán (12), Vladimir Brodziansky (6), Strahinja Micovic (15), Milán Jiménez (2), Lucas Faggiano (10), Nacho Varela (11), Sergi Quintela (3), Alex Barcello (5), Álvaro Muñoz (6), Oliver Stevic (6).
70 – HLA Alicante: Bolong Zheng (0), Jordan King (4), Sebastian Aris (4), Jean Marc Mwema (9), Gonzalo Bressan (6), Adrià Rodríguez (13), Ignacio Rosa (2), Kevin Larsen (14), Marcos García (0), Mindaugas Kacinas (12), Álex López (6),
Cuartos: 21-19, 49-30, 70-43, 82-70.
Árbitros: Germán Morales Ruiz, Eva Areste Giralt, Juan Gabriel Carpallo Miguelez.
Incidencias: Partido correspondiente a la trigésima primera jornada de Primera FEB disputada en el Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela ante 4.155 espectadores.