Loading...

Duelo directo polo factor cancha

OBRADOIRO C.A.B.
11 de abril de 2025

Partido clave entre o Monbus Obradoiro e o Súper Agropal Palencia na loita por chegar ao playoff na mellor forma posible e, sobre todo, co obxectivo de conseguir o factor cancha a favor. Actualmente, os castelán-leoneses ocupan a quinta posición na clasificación, empatados en vitorias cos composteláns, que van no sexto lugar.


Ambos equipos reforzáronse durante este mercado de inverno, polo que o encontro terá pouco que ver co sucedido en decembro, cando o Súper Agropal Palencia se impuxo como local por 91 a 83.


ROLDA DE PRENSA


Félix Alonso analizou na previa o choque do sábado ás 19:00 horas no Multiusos Fontes do Sar. Na xa tradicional primeira pregunta dos medios de comunicación, o adestrador leonés matizou que hai un xogador que “agora mesmo está descartado e atópase cun proceso gripal desde o martes. Xa o viña arrastrando nas semanas anteriores e pensabamos que ía poder estar, pero hoxe pola mañá segue con febre”.


O partido é clave nas aspiracións de ambos equipos de cara ao final de liga. “Vai ser un partido especial pola sensación que teño e pola resposta que está a ter o público. Todos interpretamos que vai ser así, e é moi bonito porque comeza a chegar a parte realmente importante. As 28 xornadas anteriores importan, pero agora chega ese momento no que todos os resultados, ou todas as decisións que se tomen, parecen ter un maior impacto que anteriormente”.


O RIVAL


Para Félix, o Súper Agropal Palencia ten un estilo de xogo no que “propoñen diferentes defensas sobre o bloqueo directo, son agresivos, e teñen unha particularidade á hora de defender os bloqueos indirectos: case sempre pásanos por riba, o cal corta o ritmo ofensivo do ataque. Tamén lles gusta xogar a un ritmo moi alto de posesións”.


“Teñen xogadores con moita experiencia, sete deles xa ascenderon á ACB e saben moi ben como xogar ao baloncesto, tanto polo traballo do seu adestrador como polo coñecemento do xogo que posúen”.



0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
Acceso ao Sar e reparto de camisetas
hai 2 días
Oliver Stević, MVP Estrella Galicia de abril
hai 2 días
Cómo adquirir o teu pack de entradas para os playoffs se eras abonado?
hai 5 días
O final do camiño
hai 5 días