Loading...

Jake Stephens desvincúlase do Monbus Obradoiro

OBRADOIRO C.A.B.
19 de febreiro de 2025

O pivote americano do Monbus Obradoiro, Jake Stephens, e o club chegaron a un acordo para rescindir o seu contrato, polo que o xogador deixa de pertencer ao equipo compostelán e non estará na volta aos adestramentos nesta ventá FIBA.


Chegou en agosto do pasado ano para reforzar a zona interior dun Monbus Obradoiro que, naquela altura, dirixía Gonzalo Rodríguez. Durante o seu período no equipo, participou nun total de 26 partidos, disputando unha media de 14:57 minutos por encontro. Ademais, acadou unhas estatísticas de 8,2 puntos e 4,2 rebotes por partido.


Desde o club estamos moi agradecidos por todo o traballo realizado ata a data, demostrando un gran esforzo por mellorar e adaptarse aos diferentes esquemas de xogo.


Desexámoslle toda a sorte do mundo na súa nova etapa profesional e agardamos que poida sacar o mellor do seu baloncesto.


Grazas e moita sorte, Jake!

0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
O Monbus Obradoiro non consegue imporse ao Súper Agropal Palencia
hai 10 días
O Monbus Obradoiro viaxa a Palencia para seguir loitando polos playoffs
hai 12 días
30
Búscate nas bancadas da Caldeira no Monbus Obradoiro - Súper Agropal Palencia!
hai 13 días
Obradoiristas en xira: Viaxe a Palencia
hai 15 días