A afección do Monbus Obradoiro temos unha cita ineludible esta fin de semana en Palencia, onde o equipo santiagués disputará o terceiro e cuarto partido dos playoffs de ascenso á Liga ACB. Os encontros terán lugar o venres e o domingo ás 20:00 horas.
Co obxectivo de facilitar o desprazamento da marea obradoirista, organizouse unha viaxe en autobús con varias opcións dispoñibles para os seareiros. Xa está todo dispoñible na nosa páxina web oficial de venda de entradas.
O prezo do traxecto de ida e volta en autobús é de só 5 euros, podendo elixir entre distintas combinacións:
Transporte en autobús:
- Ida e volta venres: 5 euros
- Ida e volta domingo: 5 euros
- Ida venres e volta domingo: 5 euros
O autobús sairá ás 11:30 horas do Multiusos Fontes do Sar tanto o venres como o domingo, e regresará unha vez rematado o partido.
Para as entradas tamén existen varias combinacións posibles:
Packs completos (entrada venres e domingo):
- Pack Adulto: 50 euros
- Pack Menor: 30 euros
Entradas individuais:
- Entrada adulto (venres ou domingo): 30 euros
- Entrada menor (venres ou domingo): 20 euros
As prazas e entradas poderán adquirirse ata o mércores 21 de maio de 2025 ás 19:00 horas.
Non perdas a oportunidade de apoiar ao Obra neste momento crucial e vivir unha experiencia inesquecible en Palencia!