Este próximo sábado, ás 18:30, o Monbus Obradoiro disputará un partido importante fronte ao Movistar Estudiantes no Multiusos Fontes do Sar.
Co obxectivo de que a afección anime ao equipo ao máximo e, dado que o 19 de marzo se celebra o Día do Pai, o club lanzará unha promoción especial de 2x1 en entradas para abonados.
Coa promoción "Trae ao teu pai", queremos que poidas compartir o obradoirismo cos teus seres queridos. Por iso, cada abonado terá acceso a un 2x1 nas entradas para o partido contra o Movistar Estudiantes.
Os prezos das entradas serán os mesmos que durante a tempada:
Fondo:
- Xeral: 12 euros
- Xuvenil (13-17 anos): 6 euros
- Infantil (5-12 anos): 3 euros
Tribuna 2:
- Xeral: 19 euros
- Xuvenil (13-17 anos): 9 euros
- Infantil (5-12 anos): 5 euros
Tribuna 1:
- Xeral: 25 euros
- Xuvenil (13-17 anos): 12 euros
- Infantil (5-12 anos): 6 euros
Retráctil:
- Xeral: 30 euros
- Xuvenil (13-17 anos): 15 euros
- Infantil (5-12 anos): 8 euros
0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar