O Monbus Obradoiro lanzou unha promoción para os seus afeccionados na que cada abonado poderá conseguir dúas entradas adicionais de balde para o partido de Copa España que nos enfrontará ao C.B. Prat o próximo martes ás 18:30 horas no Multiusos Fontes do Sar.
Cada afeccionado poderá conseguir as súas entradas accedendo á área persoal de abonados a través da páxina web oficial do club, ou na seguinte ligazón.
0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar