Loading...

Rati e Balvin pasan o recoñecemento médico en HM La Rosaleda

OBRADOIRO C.A.B.
2 de decembro de 2024

As dúas novas incorporacións do Monbus Obradoiro, Ondrej Balvin e Rati Andronikashvili, xa se atopan en Santiago de Compostela e na mañá do luns pasaron o recoñecemento médico no Hospital HM La Rosaleda de Santiago de Compostela.


Os xogadores chegaron á capital galega na tarde do domingo. Balvin, incluso, tivo a oportunidade de presenciar o encontro disputado fronte ao Alega Cantabria, desde a zona de pista, acompañado polos seus novos compañeiros de equipo.


Tanto Ondrej coma Rati atópanse en perfectas condicións físicas e, desde esta tarde de luns, estarán á disposición de Gonzalo Rodríguez para comezar cos adestramentos do equipo e entrar na dinámica de cara ao próximo partido, que nos enfrontará ao Súper Agropal Palencia en terras castelás-leonesas o xoves ás 20:30 horas.

0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
'Nós non faltamos'. O Monbus Obradoiro lanza a súa nova campaña de abonados
hai 5 días
O Monbus Obradoiro xa ten novo adestrador: Diego Epifanio ‘Epi’
hai 5 días
Apúntate ao I Campus Vigo Obradoiro – Los Sauces! Do 7 ao 11 de xullo
hai 10 días
Apúntate ao V Campus Oroso Cabreiroá! Do 30 de xuño ao 3 de xullo
hai 11 días