ABÓNATE!
- Categoría: Abonos
- Published: Xoves, 27 Xuño 2019 13:26
Queremos que os nosos abonados sigan crecendo e, por iso, necesitamos que os novos integrantes coñezades que significa, que se sente e que achega ser do Monbus Obradoiro.
Sempre se escoita iso de que “o Obra é unha familia”. E non só para definir ao equipo, senón tamén á nosa afección, que tan identificada sente con esa descrición.
E quen mellor que un abonado tan especial como José para explicarlle aos seus netos Xián e André por que son do Obra e que é iso que coñecemos como sentimento obradoirista.
Estás preparado para unirte e facer historia na nosa 12º tempada consecutiva na acb?
ZONAS PAVILLÓN
Este é o noso pavillón, a nosa Caldeira. Como podes comprobar na seguinte imaxe, o pavillón está sectorizado. Busca o sector e o bloque desde o que che gustaría ver os partidos:
PREZOS
Xa tes decidida a túa localización? Imos axudarche ensinándoche os prezos en tarifa Xeral, Baby (0-4 anos), Infantil (5-12 anos), Xuvenil (13-17 anos), Maiores de 65 ou Reducido, por cada zona.
Os nenos de entre 0 e 4 anos non necesitan abono para poder acceder aos partidos, sempre e cando non ocupen asento. Para facilitar a comodidade dos nenos e as súas familias, a tempada pasada creouse o Abono Baby a un prezo moi reducido, co que poderá dispor de asento e beneficiarse de todas as vantaxes de ser abonado.
Xa tes o teu prezo? Comezamos!
Aínda que sexas novo na familia obradoirista, hai descontos dos que te podes beneficiar. Atento!
Para empezar, se fuches abonado nalgunha tempada anterior á 2021/22 (e desde a 2011/12) e regresas, obterás un 5% de desconto (Este desconto non é aplicable sobre o Prezo Reducido).
Unha vez teñas o prezo resultante aplicado este desconto, bota un ollo por se podes beneficiarte dalgún dos seguintes acumulables entre si.
FIDELIDADE
Aqueles que fostes abonados durante cinco tempadas (desde a 2011/2012 e sen ter que ser consecutivas), poderedes beneficiarvos dun 5% de desconto a maiores.
VÉS AO OBRA EN FAMILIA?
As familias comezan a contar a partir de dous membros. Este desconto aplicarase entre irm@ns, matrimonios, e pais/nais e fill@s. Os irm@ns/ fill@ s deben ser menores de 26 anos).
O segundo membro gozará dun 10% de desconto. Cuantos máis membros teña a familia, maior desconto se aplicará. O terceiro membro recibirá un 20%, o cuarto un 30%, o quinto un 40%, o sexto un 50%... E así sucesivamente! Estes descontos aplicaranse segundo a idade (tarifa Baby, Infantil, Xuvenil, maiores de 65 ou Xeral) e o sector do pavillón no que se sitúe
Este tipo de Abono non ten por que realizarse na mesma zona do pavillón. Cada membro da familia poderá escoller a zona que máis lle guste.
AÍNDA NON COÑECES A FUNDACIÓN HERACLES?
A Fundación Heracles ten como obxectivo a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades socio-deportivas para fomentar a práctica deportiva principalmente en Galicia e axudar así ao deporte galego de competición.
Se realizas unha doazón á Fundación Heracles, por cada 150€ de doazón obterás 100€ de desconto directo no teu abono e 50€ en entradas para a nova tempada.
Podes realizar a túa doazón en liña aquí: https://donacion.fundacionheracles.t2v.com/ ou de forma presencial nas nosas oficinas.
O TEU ABONO PODE SAÍRCHE A 0€ SE TRAES AMIGOS
Traer novos amigos á familia obradoirista pode facer que o teu abono che salga gratis!
Se traes contigo a un amigo, el gozará dun 5% de desconto directo ao realizar o seu abono (non acumulable ao de abonado en tempadas anteriores). E ti beneficiaraste dun 10% na próxima tempada (un 5% por esta tempada e outro 5% pola seguinte).
Se o teu amigo continúa renovando as próximas tempadas, ti continuarás gozando dun 5% adicional na tempada seguinte.
Beneficiaraste deste desconto por cada amigo que traias!
E, SABES QUE…?
Podes financiar o teu abono de 3 a 9 meses SEN INTERESES? Sempre suxeito á aprobación por parte da entidade financeira e pode implicar gastos de xestión/formalización.
Lembra que tamén podes domiciliar o pago do teu abono en 3 meses e renovarémosche automaticamente o abono nas seguintes.
FORMAS DE PAGO
Ademais da posibilidade de financiar o teu abono e de domiciliar o pago, tamén podes realizar o pago con tarxeta de crédito/débito (no American Express) ou en efectivo.
ONDE REALIZAR O TEU ABONO?
Dispós de dous métodos para realizar o teu abono:
- A través da nosa páxina web, creando un usuario e contrasinal.
- Nas nosas oficinas, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Se prefires evitar esperas, podes solicitar cita previa no seguinte enlace (https://cutt.ly/CKloVM3).
FAI O TEU ABONO AQUÍ
CONDICIÓNS DO ABONO
- A formalización e pago do abono dá dereito ao seu titular a ocupar o asento especificado no carné nos partidos para celebrarse en Multiusos Fontes do Sar, co Obradoiro como local, durante a liga Regular da ACB, independentemente do número de equipos que a compoñan.
- O abono non inclúe a entrada a partidos de Playoff ou calquera outro fóra da Fase Regular da liga ACB que se dispute en Santiago co Obradoiro como local.
- A organización non se fai responsable da perda ou subtracción do abono. O acceso dos abonados ao pavillón poderase facer tamén co carné en formato Passbook, que se pode descargar e abrir con calquera das aplicacións dispoñibles para iso, por exemplo, Apple Wallet para iOS e Passwallet para Android.
- A duplicación non autorizada ou a revenda deste produto pode impedir o acceso ao partido, así como a retirada do abono.
- Condicións de acceso ao recinto: segundo dispón a Lei 19/2007 do 11 de xullo contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no seu artigo 6.
- A organización poderá negar a entrada a aquelas persoas que non mostren a súa identificación e o abono ou cuxo abono presente signos de falsificación ou manipulación non autorizada.
- Non se permite recompilar datos estatísticos en directo dos partidos comprendidos neste abono para o seu uso con fins comerciais ou distribuílos a terceiros sen autorización expresa da Asociación de Clubs de Baloncesto.
- Reservado o dereito de admisión.
- Aceptación do Regulamento Interno do recinto deportivo: “Pavillón Multiusos Fontes do Sar”.
- Se a normativa vixente en cada momento limitase o aforo de asistencia a algún partido, os abonados poderán ser recolocados para o mesmo, procurándose que sexa nunha localidade da mesma categoría.
- En caso de restricións de aforo terán preferencia de acceso os abonados respecto á venda de entradas en despacho de billetes.