O Monbus Obradoiro e Moncho Fernández estenden o seu contrato ata 2023

O Monbus Obradoiro e Moncho Fernández chegaron a un acordo para prolongar a súa relación por dúas tempadas máis, comprometéndose ambas as partes ata xuño de 2023.
Moncho Fernández chegou ao club como técnico obradoirista no verán de 2010, tempada na que conseguiu co equipo a Copa Príncipe e o ascenso á Liga Endesa.
 
Así, Moncho converteuse no adestrador máis lonxevo (xunto a Pablo Laso) da Liga Endesa ao levar dez anos dirixindo ao equipo, once tempadas en total á fronte do conxunto compostelán desde que colleu ao equipo en LEB Ouro.
 
Desde ese momento, acumulou un balance global de 163 vitorias e 211 derrotas. En 2013 disputou o único Playoff polo Título ACB na historia da entidade, ademais de participar o equipo como anfitrión na Copa do Rei da Coruña en 2016 e da Supercopa Endesa en Santiago de Compostela en 2018.
 
Mañá sábado terá lugar, ás 12:00 horas, unha rolda de prensa na que directiva e adestrador ofrecerán as súas impresións sobre esta noticia.
ARRIBA