O Obradoiro Peleteiro, equipo junior, álzase como Campión Galego e clasifícase para o Campionato de España

Nova fin de semana de éxitos para a canteira obradoirista.

Seguindo os pasos do Balidea Obradoiro, o Obradoiro Peleteiro disputou esta fin de semana a final a catro da categoría junior, onde se alzaron Campións Galegos por cuarta tempada consecutiva ao vencer ao Institutos de Compostela Xunta de Galicia na semifinal (76-55) e ao Cafés Candelas Ensino na final (71-55).

Con estas dúas vitorias, os obradoiristas conseguiron unha das dúas prazas para o Campionato de España junior, que se disputará entre o 24 e o 30 de xuño en Granada.

O adestrador do Obradoiro Peleteiro, Dan Petts, confesou que tras o conseguido esta fin de semana, o equipo “sente felicidade, satisfacción e superación. Foi un ano moi difícil e moi duro. Os xogadores e os membros do corpo técnico han feito un esforzo enorme, de moito mérito. Ademais, poder disputar o Campionato de España é o premio ao traballo realizado durante todo o ano. Será un momento para gozar e que viviremos con moita ilusión. É unha oportunidade para conseguir máis experiencia e axudará ao crecemento dos xogadores porque estaremos á beira dos mellores de España.

Sobre esta tempada, o técnico obradoirista explicou que “foi un ano moi difícil, con moitos obstáculos que esquivar, superar e manexar, pero creo que a capacidade do equipo de aguantar todas estas dificultades e seguir dando pasos adiante fai que a valoración da tempada sexa boa. Tamén hai que destacar o traballo dos adestradores axudantes e do preparador físico que foron capaces de axudar e reconducir o equipo nos momentos máis complicados”.

Por iso, Dan define aos seus como “un equipo resistente, que foi capaz de adaptarse aos problemas e dificultades da tempada. É un equipo con talento, pero entende que as cousas se conseguen xuntos, como equipo, a base de traballo duro e efectivo. Desde o principio da competición este equipo mellorou moito no apartado defensivo, a nivel individual e a nivel colectivo. Ofensivamente, o equipo foi capaz de mellorar a velocidade ofensiva e a súa capacidade de compartir o balón entre todos. Pero, sobre todo, o equipo creceu como colectivo e foi capaz de entender a importancia de facer as cousas en equipo”.

 

OBRADOIRO PELETEIRO

 

Jugadores

Christian José Hernández

Francisco Fuentes

Berthold Eluku

Iker Sama

Anxo Iglesias

Carlos Taboada

Fernando Bello

Miguel Gil

Pablo Álvarez

Javier Prieto

Pablo Vilar

Pablo Ríos

Anxo Casais (Cadete)

Armell Nongo (Cadete)

Doudou Dihame (Cadete)

 

Cuerpo Técnico

Dan Petts (Entrenador)

Jacobo Migueles (Entrenador ayudante)

Denís Pombar (Entrenador ayudante)

Javier Viña (Preparador físico)

ARRIBA