Os abonados do Monbus Obradoiro accederán ao partido deste sábado co seu Abono Virtual (Passbook) e sentarán no seu asento

Este sábado o Monbus Obradoiro recibe na Caldeira ao UCAM Murcia, ás 18:00 horas, para disputar a xornada 6 da Liga Endesa.

Os abonados obradoiristas poderán acceder ao partido deste sábado tal e como xa o fixeron o anterior: co seu Abono Virtual (Passbook) e sentándose no asento do seu abono.

ACCESOS E HORARIOS

O público accederá polas portas principais do Multiusos Fontes do Sar de forma graduada en franxas horarias. Así, o acceso dividirase por número de abonado:

 

17:00 a 17:15 horas – Accederán desde o abonado número 1 ao 2.300.

 

17:15 a 17:30 horas – Accederán desde o abonado número 2.301 ao 6.700.

 

17:30 a 17:45 horas – Accederán desde o 6.701 ao 10.400.

 

Das 17:45 en diante – Accederán do 10.401 en diante.

 

No Abono Virtual (Passbook) está especificada a porta pola que terá que acceder cada abonado.

 

COMO DESCARGARSE O ABONO VIRTUAL NO MÓBIL

1. Descargar e instalar no teléfono unha aplicación para gardar nela o abono de forma dixital (Passbook).

 

- Se ten un dispositivo Apple, descargar a aplicación ‘Apple Wallet’: (https://apps.apple.com/es/app/apple-wallet/id1160481993).

- Se ten un dispositivo Android, descargar ‘Passwallet’: (https://play.google.com/store/apps/details?id=com.attidomobile.passwallet&hl=es&gl=US).

 

2. Entrar na web do Monbus Obradoiro a través da seguinte ligazón e introducir o usuario e contrasinal: https://venta-obradoiro.t2v.com/es/autenticacion/identificar

Se é abonado e aínda non entrou nunca e non ten usuario nin clave, pode conseguilo na seguinte ligazón introducindo o número de abonado e o correo electrónico rexistrado ao realizar o abono: https://venta-obradoiro.t2v.com/es/autenticacion/identificar-socio.

 

3. Unha vez dentro da zona persoal, poderá ver na pantalla principal a información do abono. Tan só ten que picar no botón ‘ Passbook’ para descargar o arquivo e gardalo na aplicación correspondente.

 

Para facilitar este trámite, o club enviou o Passbook por correo electrónico a cada abonado, que terá que abrir no seu móbil cunha das aplicacións anteriormente mencionadas. Cada Passbook enviarase á dirección de correo electrónico co que se rexistrou o abonado á hora de formalizar o abono.

Aqueles abonados que teñan algunha dificultade para descargalo, poderán acudir ás oficinas e indicaráselles como realizalo ou se resolverá calquera incidencia. En caso de non poder achegarse ás oficinas durante a semana, o día de partido haberá un punto habilitado na Porta de Invitacións no que se lles imprimirá a entrada do seu abono.

O carné físico entregarase cando finalicen as restricións. A partir dese momento, os abonados poderán acceder ao pavillón co carné físico ou o carné virtual indistintamente, escollendo o método que prefiran.

 

VENDA DE ENTRADAS

Tamén está en marcha a venda de entradas ao público xeral para todos os encontros como local do Monbus Obradoiro.

Aqueles que non se queiran perder o partido deste sábado, poden facerse con entradas a un prezo xeral de 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 ou 35€ en Retráctil. O prezo para as entradas en tarifa Xuvenil (de 13 a 17 anos) será de 9€ en Fondos, 15€ en Tribuna 2, 19€ en Tribuna 1 e 25€ en Retráctil. E, por último, o prezo das entradas na tarifa Infantil (de 5 a 12 anos) será de 5€ en Fondos, 9€ en Tribuna 2, 15€ en Tribuna 1 e 19€ en Retráctil (ata completar máximo aforo permitido).

As entradas pódense comprar a través da páxina web do club (https://venta-obradoiro.t2v.com/es/entradas/ver/id/202122003) ou nas oficinas, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

ARRIBA