Álex Suárez e Henry Ellenson sofren senllas escordaduras de nocello de grao 2 e 1, respectivamente

Os xogadores do Monbus Obradoiro Álex Suárez e Henry Ellenson sofren senllas escordaduras de nocello, tras as probas realizadas no Hospital HM Rosaleda.

A falta de 01:30 para o final do encontro en Sevilla, Álex Suárez torceuse o nocello dereito nunha acción defensiva. O á-pivot obradoirista sofre unha escordadura de grao 2 e é probable baixa para o partido do sábado ante Lenovo Tenerife.

Pola súa banda, Henry Ellenson torceuse o nocello esquerdo no primeiro cuarto tras caer sobre o pé de Burjanadze. O pívot sofre unha escordadura de grao 1 e a súa participación no encontro do sábado dependerá da súa evolución nos próximos días.

ARRIBA