O Monbus Obradoiro continúa con Indiba Activ para a recuperación dos seus xogadores grazas ao centro médico-estético Patricia Domínguez

O Monbus Obradoiro e o centro médico-estético Patricia Domínguez continuarán da man unha tempada máis tras a renovación do seu acordo de colaboración.

Desta forma os xogadores obradoiristas continuarán estando nas mellores mans recibindo sesións da terapia Indiba Activ nos seus procesos de recuperación, xa sexa tras sufrir unha lesión ou simplemente para poder continuar ao mesmo nivel durante toda a competición.

Esta terapia permite activar o metabolismo celular, restablecendo o equilibrio e aumentando a vascularización e a temperatura interna dos tecidos tratados. Con este tratamento conséguese a aceleración dos procesos naturais de curación do corpo humano, reducindo a dor do xogador desde a primeira sesión. Ademais, a drenaxe producida por Indiba Activ axudar a diminuír a inflamación.

Álex Suárez e Henry Ellenson, que sofren senllas escordaduras de nocello de grao 2 e 1, respectivamente, visitaron as instalacións do centro médico-estético Patricia Domínguez. Os xogadores, ademais de estar a se someter a tratamento de fisioterapia con Alex Fernández, tamén se están recuperando da man da terapia Indiba Activ.

ARRIBA